GONZALO CABALLERO INSTA Á XUNTA A QUE DECLARE DE INMEDIATO COMO BIC TODOS OS BENS MÓBEIS DO PAZO DE MEIRÁS: “O PP TEN QUE CUMPRIR COA MEMORIA DEMOCRÁTICA”

Información
A Coruña | 09 Agosto 2021 | 150 votos | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

 Nuevo órdago del Gobierno a la familia Franco: exige ahora el pazo de Meirás

O secretario xeral do PSdeG advertiu de que o traballo de recuperación do Pazo non estará rematado ata que sexa o gran centro da memoria histórica e democrática do país

Caballero pon en valor o compromiso socialista coa memoria democrática: "cumprimos no Val dos Caídos, en Meirás e cos certificados de reparación da memoria histórica para "facer xustiza coas vítimas e represaliados”

 

 

O líder socialista lamenta a política de confrontación do PP fronte a estratexia de vacinación do goberno de España, que está a ser “un éxito colectivo”

Sada, 9 de agosto de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamoulle hoxe á Xunta de Galicia que declare inmediatamente como BIC os bens móbeis de interese que se encontran dentro do Pazo de Meirás “para protexelos da familia Franco e para que sigan no ámbito público”.

 

O líder socialista expresou esta reivindicación tras una visita ao Pazo, na que puxo en valor a importancia da resposta do goberno progresista de Pedro Sánchez a “unha demanda histórica” e a “un compromiso dos e das socialistas galegos”: a recuperación do inmoble para o público e o conxunto da cidadanía.

 

Neste obxectivo, lembrou que “nada máis chegar o partido socialista ao goberno de España reuninme co daquela director xeral de Memoria Histórica, Fernando Martínez, e suscitamos una serie de pasos que había que dar para que Meirás pasase ao ámbito do público”.

 

Había que recuperar Meirás para o público e os socialistas fixémolo”, lembrou Gonzalo Caballero, antes de reafirmar que agora é o goberno da Xunta, en mans do PP, o que “ten que cumprir coa memoria democrática” e declarar como BIC os bens móbeis.

 

Hai que traballar para que todo Meirás estea no ámbito do público”, reclamou o mandatario socialista, “hai que darlle esa protección para que todo quede dentro do Pazo e para evitar que os Franco poidan retirar estatuas, cadros e outros elementos que son fundamentais tamén para a memoria democrática”.

 

MEIRÁS DEBE SER O GRAN CENTRO DE RECUPERACIÓN DA MEMORIA DEMOCRÁTICA

 

Tras recordar que “os socialistas cumprimos co que nos demandaban as vítimas do franquismo”, Gonzalo Caballero incidiu en que “é necesario seguir comprometidos con todos os que queren que o Pazo de Meirás sexa integramente un centro de recuperación da memoria democrática do noso país”.

 

Así, advertiu de que o traballo non estará rematado “ata o momento en que sexa o gran centro da recuperación da memoria democrática e de condena do franquismo no noso país”. Nesta liña, afirmou que a figura de Pardo Bazán ten que ter “unha cabida importante”, pero “a recuperación do pazo fíxose por memoria democrática e para reparar ás vítimas: Esa ten que ser a finalidade fundamental do Pazo de Meirás”.

 

CERTIFICADOS DE REPARACIÓN

 

A maiores da recuperación total de Meirás para o público, Gonzalo Caballero tamén fixo fincapé noutras medidas adoptadas polo goberno de España en prol da recuperación da memoria histórica. Falou, neste senso, da retirada dos restos do ditador do Val dos Caídos e dos certificados de recuperación e reparación da memoria democrática.

 

Con respecto a estes últimos, instou “a todos aqueles que sufriron a represión, as represalias , as condenas e os fusilamentos do franquismo a que traballen para que con eses certificados fagamos xustiza e rectifiquemos a unha ditadura cruel que tomou decisión terribles para tantos cidadáns”.

 

Na súa visita ao Pazo de Meirás, Gonzalo Caballero estivo acompañado de diferentes compañeiros do partido e dos senadores Antonio Vázquez e Marica Adrio, “familiares de vítimas do franquismo e que coñecen a represión nas súas familias”.

 

O PP SÓ BUSCA CONFLITO COAS VACINAS

 

Por outra banda, Gonzalo Caballero lamentou que o PP estea instalado na busca do conflito coas vacinas, nunha postura “mesquiña e ruín”.

 

Así, o secretario xeral do PSdeG puxo en valor a estratexia de vacinación do goberno de España, “que está a ser un éxito”, fronte á política de confrontación do PP, “que non arranxou nada”, e fronte a un BNG que recomendaba vacinas rusas, chinas e cubanas “cando o que había que facer era poñerse a traballar a carón do goberno, da ciencia e dos profesionais da sanidade”.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600