O BNG traslada ao Parlamento os recortes de servizos no CEIP Francisco Vales Villamarín

Información
A Coruña | 18 Agosto 2021 | 65 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Padres del Vales Villamarín denuncian ante el Valedor la falta de  profesorado - La Opinión de A CoruñaAmelia Sánchez afirma que “a Xunta de Galiza debe cubrir esas prazas e completar o cadro persoal do Vales Villamarín para garantir un comezo de curso normal e a correcta atención de todo o alumnado”

As nacionalistas preguntarán pola mudanza de varias liñas de autobús en liñas de transporte integradas, o que converte o alumnado excepcional en simples pasaxeiros

 

Betanzos, 19 de agosto de 2021.-O BNG, da man da deputada Mercedes Queixas, trasladou ao Parlamento de Galiza unha batería de propostas sobre os recortes no profesorado e no servizo de transporte no CEIP Francisco Vales Villamarín de Betanzos.

“Segundo tivemos noticias, na adxudicación de profesorado para o Vales Villamarín de cara ao curso 2021-22 deixan sen cubrirse tres prazas de docentes. De non cubrirse este estes postos, os nenos e nenas de Infantil carecerán de mestre de Inglés, en Primaria faltará un titor e mestre de Educación Física e, o que é máis preocupante, deixa de cubrirse unha praza de Pedagoxía Terapéutica”, explicou a portavoz do BNG, Amelia Sánchez.

Amelia Sánchez, manifestou que “sen estas tres mestras, resultará moi complicado comezar o curso académico e, nomeadamente, atender o alumnado con necesidades educativas especiais”.

Na mesma liña, presentaron unha iniciativa con respecto á conversión de tres liñas de transporte escolar en liñas integradas. En palabras de Sánchez “estas liñas que dan servizo ao centro (en concreto as liñas número 2, 7 e 8) van pasar a ser liñas de transporte integrado, un feito que non garante unha praza no transporte colectivo para o alumnado excepcional, que dificulta a súa atención por parte das coidadoras que cobren as rutas escolares e que fai que nenos e nenas desde os 3 anos teñan que convivir con outros usuarios, coa problemática que isto leva consigo”.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600