Os nenos e as nenas poderán desfrutar o martes, 11 de agosto, dos xogos acuáticos que o Concello instalará xunto ao Centro Cívico da Ponte, dentro da campaña "Móllate co Comercio".Será de 18:00 a 21:00 hora, con aforo limitado e entrada gratuíta. A campaña percorre os barrios da cidade de forma itinerante, os martes e os xoves, coa finalidade de axudar a dinamizar o pequeno comercio da cidade e darlle un incentivo aos cativos neste caluroso verán.
- Detalles
- Categoría de nivel principal o raíz: Localidades de Galicia
- Categoría: Agenda de Galicia
- Visto: 1461