Comunicado da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP) ante a manipulación do Sr. Feijoo:

Información
Galicia 22 Junio 2020 1241 votos

mago pelicula fondodetuordenador licencia gnuNuñez Feijóo anuncia en plena precampaña electoral: que levou ao Consello da Xunta un “cheque” de 250 euros, para que “o persoal sanitario o gaste en bares e hoteis”. Pretende, desta maneira “premiar” o esforzo dxs traballadorxs sanitarios, para combater a COVID 19 en Galicia.

Desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública queremos comunicar o seguinte:

 

1.- Novamente o Partido Popular, pretende trasladar aos traballadores do SERGAS, a súa casposa estratexia electoral de comprar a vontade dos colectivos sociais, convidando a empanada, polbo e 'carne ao caldeiro', á conta do erario público.

2.- Esta medida supón un insulto para xs traballadorxs do Sistema Sanitario Público Galego, aos que pretende “compensar” invitando a tomar unhas  cañas ou cunha habitación de hotel, polos esforzos realizados para tratar á poboación durante a pandemia, pese aos recortes tan importantes realizados polos seus gobernos, nestes últimos 11 anos.

3.- Consideramos unha miserable paga, para un colectivo que tivo que traballar en moitas ocasións sen o equipamento necesario, para garantir a súa seguridade, ou sufrido grandes atrasos na realización das probas para a detección do virus. Incluso xs profesionais, traballaron sin ser mirados pola administración sanitaria, co risco que conlevaba tanto para xs profesionais, como para as súas familias.

4.- Desde a AGDSP, queremos lembrar que esta propina, de claro signo electoral, a realiza un señor que anunciou publicamente, en plena pandemia, a súa intención de recortar o soldo ao persoal do Sistema Sanitario Público, como fixo na crise do 2008; o sr. Feijoo debe considerar estúpidx ao colectivo sanitario.

Dende a AGDSP exiximos que se revirtan os recortes sanitarios, que se termine ca precariedade laboral e que se fagan as oposicións pertinentes para TODALAS prazas vacantes no SERGAS.

Teremos oportunidade de manifestar o que pensamos o vindeiro día 25 de xuño, as 20:30 h. nas cidades onde se fará a concentración promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública

También le puede interesar ; lineaazul 1600