O SLG recebe con cautela que a 'Conta Láctea' vaia ser unha ferramenta efectiva para negociar coa industria Desde o Sindicato Labrego temos que amosarnos

Información
Noticia destacada de Galicia | 09 Agosto 2021 | 52 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Galicia reúne más del 43% del censo de vacas lecheras de España - Vacuno de  éliteDesde o Sindicato Labrego temos que amosarnos preocupados porque o respaldo que o sector do leite agardaba da Consellaría fique finalmente concretado nunha aplicación informática de xestión individual. Todos os esforzos para identificar e definir os custos de produción son necesarios e benvidos, mais para non ficar a medio camiño cumpre que estes datos sexan vinculantes e a intermediación directa da Consellaría.

 

O Sindicato Labrego Galego está a favor de calquera instrumento útil para definir con claridade os custos de produción, pois un panorama mais nítido da economía de cada granxa virá favorecer a autonomía na toma de decisións. Mais temos que amosar a nosa cautela, nomeadamente a respeito de que a ferramenta Conta Láctea vaia ser efectivamente útil para as granxas nas negociacións de contratos.

A plataforma informática apresentada, mesmo cando o seu uso chegue a ser efectivo e estendido, servirá no mellor dos casos para dispor de información pormenorizada dos custos de produción. Mais isto non garante que ese enorme banco de dados vaia ser útil para que as granxas podan negociar os seus contratos de maneira máis horizontal coa industria. É imprescindíbel que os custos de produción que se coñezan sexan cumpridos por parte da industria. E entendemos que, logo de realizado un investimento público na Conta Láctea, o consecuente é que a Xunta coloque a vontade e traballo político para conseguir que os dados obtidos através desta ferramenta sexan vinculantes para a a industria.

Cartos públicos e xestión privada
Non podemos estar conformes, noutro plano, coa dinámica de transvasamento de diñeiro público promovendo a iniciativa privada presente nesta iniciativa. Resulta cuestionábel que cada vez con máis frecuencia a Consellaría opte por convenios de contías inxentes con entidades privadas para os seus proxectos e planos estratéxicos. Á marxe do mellor ou peor labor dinamizador de aquelas, non poden converterse no comodín ao que a Xunta canalice diñeiro público para as tarefas que persoal e organismos públicos non poden facer, precisamente por unha política de cortes e desinvestimento que leva anos a ser denunciada.

Ademais, achamos previsíbel que o emprego desta aplicación vaia vir colocar, en boa parte dos casos, unha nova carga no peto de gandeiras e gandeiros, pois na maioría de casos requirirá ser xestionada polas entidades de aconsellamento ou organizacións de produtores lácteo. Sendo positivo para a autonomía das granxas que a ferramenta poda ser xestionada por cadaquén, áchase a faltar unha previsión de acompañamento con recursos da propia administración pública para quen non teña os coñecementos e habilidades informáticas necesarios.

Unha escolla ineludíbel: cooperación ou competición
Aínda, mentres a convocatoria dunha Mesa Sectorial do Leite é unha necesidade que o SLG non ten deixado de reivindicar, como espazo de encontro e de debate e procura de solucións conxuntas, na presentación antes se escoitaron as ideas de que a plataforma sexa útil para se "comparar" con outras granxas, se comparar cos "competidores" por palabras do conselleiro.

Entendemos a posibilidade de comparar dados, de coñecer as realidades doutras granxas e aprender delas tamén no económico como un enorme potencial. Mais antes para compartir coñecementos e ideas, desenvolver estratexias conxuntas, organizarse ante problemas comúns, do que para ver o resto do sector como competidores. Esa lóxica da competición, que abandona e desarma calquera posíbel ferramenta de cooperación, só pode resultar na concentración empresarial e o esmorecemento dos sectores primarios, e ese non é o modelo polo que o Sindicato Labrego Galego traballa para o futuro do país.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600