G. CABALLERO SUBLIÑA QUE “FEIJÓO DEBE UNHA DESCULPA A GALICIA” POLA SÚA ESTRATEXIA DE “FAKE NEWS”: “O AVE CHEGARÁ A GALICIA ESTE ANO”

Información
Noticia destacada de Galicia | 04 Octubre 2021 | 22 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

cid ii kucuuuyx1O secretario xeral do PSdeG anuncia “un proxecto alternativo con propostas e respostas” para o Debate do estado da Autonomía “fronte á inacción, o desleixo e a falla de medidas do PP en Galicia”

 

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2021. O voceiro parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, subliñou hoxe que Feijóo “débelle unha desculpa a Galicia pola súa estratexia de desinformación, de fake news e de negar de forma permanente que as obras do AVE ían rematar este ano”.

As obras do AVE”, lembrou o líder socialista, “rematan este ano e os feitos desmenten ao PP e a un Feijóo que durante tanto tempo recortaron os investimentos nesa obra fundamental e permitiron o retraso na súa chegada a Galicia”.

Fronte a isto, o secretario xeral do PSdeG puxo de relevo que “o goberno de España tivo un claro compromiso coas obras do AVE a Galicia, tal e como lle pedín ao ministro Ábalos”. Así foi, remarcou, que as obras “non se retrasaron nin un só segundo pola responsabilidade do goberno presidido por Pedro Sánchez, que puxo todos os investimentos e medidas para que as obras avanzasen”. “E o AVE chegará a Galicia este ano”, resaltou.

Neste contexto, Gonzalo Caballero fixo fincapé en que “a medida que pasa o tempo imos desfacendo as grandes mentiras de Feijóo en ámbitos como o das infraestruturas”. Non só na chegada do AVE, senón tamén na rebaixa das peaxes da AP-9, que se empezaron a aplicar este ano mentres Feijóo calou ante unha ampliación da concesión da autoestrada que a UE di que “é ilegal”.

DEBATE DO ESTADO DA AUTONOMÍA

En paralelo, Gonzalo Caballero anunciou unha “alternativa coherente, consistente, clara e rotunda fronte ás políticas de retroceso e de recortes que aplica Feijóo en Galicia”.

Un Feijóo máis centrado en ser un apéndice dun PP que camiña cara a ultradereita en vez de ser un presidente cun proxecto estretéxico para impulsar, dinamizar e modernizar a economía galega”, criticou.

Con ese obxectivo vai acudir o PSdeG ao Debate do Estado da Autonomía, no que se vai suscitar “un proxecto alternativo de esquerdas, de progreso, galeguista e con propostas e respostas fronte á inacción, o desleixo e a falla de medidas do PP en Galicia”.

Gonzalo Caballero indicou que, “ao longo deste primeiro ano de lexislatura, o balance de Feijóo foi negativo, de ausencia, de inacción e de falla de propostas”.

Fronte a ese “desastre continuo da política do titular que non se concreta”, Gonzalo Caballero explicou que “temos que conseguir que en Galicia marquemos un novo tempo político” e que o goberno do PP “defenda a sanidade pública, a educación, o benestar e teña un proxecto para reactivar e modernizar a economía xerando emprego”.

Gonzalo Caballero incidiu en que “é hora de poñer o debate político de Galicia no centro de atención da cidadanía, porque nos xogamos a Galicia do futuro”. Por iso “en política social, en infraestruturas, en política ambiental ou en emprego imos levar un proxecto alternativo de progreso fronte á inacción e a falla de estratexia e ambición do PP”.

TRAVESÍA CARA A EXTREMA DEREITA DO PP”

Ademais, Gonzalo Caballero amosou a súa preocupación pola “travesía cara á extrema dereita do Partido Popular”.

Tras a convención do PP celebrada esta fin de semana, o líder socialista alertou “dun rearme ideolóxico dos populares cara unha posición máis conservadora, de dereitas e de conflito co goberno de España, asimilándose nas súas declaracións e feitos ás posicións políticas de Vox”.

Neste escenario, Gonzalo Caballero criticou que “Feijóo prefire facer a política do avestruz en vez de dicir que o PP e el mesmo están nunha situación cada vez máis próxima á ultradereita”. “Buscan o conflito co goberno de España por enriba de calquera outro tipo de cuestión”, reprobou.

Neste punto, afeou a Feijóo que estea “máis centrado en ser un aliado de Casado, de Ayuso e do PP máis rancio” en vez de “dar respostas aos galegos e ás galegas”.

Por iso, reclamoulle ao presidente da Xunta “que deixe o postureo de dicir que quere cambiar o goberno de España dende posicións moderadas cando no fondo mantén una alianza en todos os feitos coa dereita máis extrema do PP”. Asemade, o líder socialista anunciou a súa firme decisión de “confrontar con esa dereita que camiña cara a ultradereita e na que Feijoo é parte do paquete”. Fronte a ese modelo, incidiu Gonzalo Caballero, “é o momento de falar de ideas, de valores, de referendar a necesidade de manter un goberno progresista para permitir que España avance e impedir que retroceda”.

Nesta liña, reiterou a súa preocupación por “ver ao PP abrazado a Vox, marcando unha estratexia de tensión e derrube contra o goberno de España e sen pensar que temos por diante a reactivación do país e a necesidade de impulsar políticas que protexan á xente”.

Con ese obxectivo, Gonzalo Caballero subliñou “o importante que é ter un goberno progresista en España para defender á cidadanía” e para “investir en servizos públicos, modernizar a economía ou defender as liberdades e os dereitos das minorías e daqueles que están nunha situación máis vulnerable”. Por contra, advertiu de que “cando o PP sigue opoñéndose a que na sanidade pública se fagan abortos, ameazando a Lei da eutanasia ou facendo un discurso de intolerancia e de confrontación ideolóxica a carón da ultradereita, está claro non é a opción que pode favorecer ao noso país”.

Por iso, indicou que “é hora de que nesta reactivación o PP nos diga que quere ser” porque “para poder gobernar o país necesitamos un PP moderado, leal e que saiba construír e que non simplemente xogue a destruír para intentar chegar ao goberno abrazado á ultradereita”.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600