As XSG esíxenlle a Feijóo que abra as portas de Galicia aos refuxiados afganos, sobre todo mulleres e nenas.

Información
Localidades de Galicia | 18 Agosto 2021 | 61 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) lamentan aterradas os últimos sucesos que se están a vivir en Afganistán e pídenlle ao Presidente da Xunta que abandone o seu silencio e poña a disposición infraestruturas do país para acoller refuxiados, tal como ofreceron gobernos socialistas como o de Aragón e Baleares, ante unha nova crise migratoria.

 

 

Xurxo Doval manifestou que “é aterrador escoitar ás mulleres afganas que choran pola súa vida e pola das súas fillas ante un futuro incerto marcado polo terrorismo machista máis macabro do fundamentalismo islámico, non podemos deixalas soas, débese actuar xa”.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600