Esiximos o inmediato esclarecemento das circunstancias nas que se produciu o falecemento dun rapaz de 27 anos que traballaba para SUREXPORT na Terra Chá

Información
Localidades de Galicia | 24 Agosto 2021 | 117 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Arquivo 210818 MobilizaciónEnSUREXPORTO pasado venres 20 de agosto faleceu na Terra Chá un traballador de Surexport de 27 anos. Compañeiras e compañeiros de traballo relataron varias xornadas continuadas de até 14 horas ao día con altas temperaturas, case sen auga para hidratarse, sen descanso e baixo comentarios humillantes.

Xa pasaron varios días deste gravísimo suceso, e nin dende a empresa nin dende a Consellaría de Emprego e Igualdade, Inspección ou Ministerio de Traballo se está a proporcionar información que esclareza o acontecido.

 

Existe a posibilidade de que este rapaz morrera por explotación laboral.

As persoas que traballan para SUREXPORT na Galiza denuncian xornadas de ata máis de 12 horas, irregularidades no cobro das nóminas, salario inferior ao estipulado por convenio, incumprimento das condicións hixiénico-sanitarias nas instalacións da empresa, represalias e control sindical... Mentras tanto, os beneficios de SUREXPORT ascenderon até os 6,6 M€ no ano 2019.

Aliás, SUREXPORT foi sinalada recentemente a través dunha investigación xurídica e xornalística, presentada ao Ministerio de Traballo, na que se reportaron deficiencias nas investigacións aplicadas pola Inspección de Traballo e Seguridade Social de Huelva a esta empresa. Ontesoubemos que o actual director dos departamentos de Recursos Humanos e Desenvolvemento Estratéxico en Surexport, Jesús Calvo, foi Inspector de Traballo e Seguridade Social precisamente en Huelva entre 1994 e agosto do 2018 -mes no que se pasou á empresa-.

Dende as organizacións articuladas na Galiza* para denunciar a situación de escravitude baixo a que esta agroindustria somete ás traballadoras e traballadores na Terra Chá -abondamente reportada tamén nos campos que esta multinacional explota en Andalucía, chegando a ser expulsada do liñal de varias cadeas de supermercados debido ás súas nefastas prácticas-, solicitamos o inmediato esclarecemento por parte das administracións competentes das circunstancias nas que se produciu o falecemento desta persoa nunha das vivendas alugadas pola empresa.

Realizamos tamén un chamamento a tódalas organizacións sociais galegas a sumar forzas para frear e expulsar a escravitude agroindustrial que se pretende instalar na nosa terra.

Contra a explotación laboral, o racismo e o espolio da Galiza
SUREXPORT FÓRA DA NOSA TERRA!

 

*ADEGA, A Estruga Espazo Agroecolóxico, Amigos da Terra, Comisións Obreiras - CC.OO, Confederación Intersindical Galega - CIG, CS Madia Leva!, Central Unitaria de Traballadoras - CUT, Ecoloxistas en Acción, Federación Rural Galega - FRUGA, Sindicato Labrego Galego - SLG, Terra Chá Sostible, activistas contra a megaminería, viciñanza da zona, ex-traballadoras dos campos.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600