As enerxías renovabeis na lóxica do sistema capitalista, están moi lonxe de ser sostibeis e sociais

Información
Localidades de Galicia | 22 Septiembre 2021 | 82 votos | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

SR.ALCALDE DO CONCELLO DE MIÑOSR.ALCALDE DO CONCELLO DE MIÑOMiguel Anxo Abraira Sobrado, en representación da organización política LIGANDO MIÑO, con e-mail: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.ÓN:

A razón de ser da Administración local non é outra que pór en marcha políticas de servizo á cidadanía, participadas por esta, máis cando esa cidadanía se amosa indefensa perante oligopolios económicos-financeiros e lobbies enerxéticos.O cambio climático é unha evidencia que non se pode negar e eses territorios e espazos marítimos que van ser cedidos ao lobbie enerxético van necesitalos as comunidades locais para sobrevivir á incerteza e ao cambio climático. Ceder eses territorios significa reducir a capacidade de resiliencia da sociedade ferrolá contrariando a lóxica de supervivencia.Apoiar publicamente macroparques eólicos de gran impacto ambiental e patrimonial, artificialmente fraccionados para poder ser tramitados na administración autonómica, sen comunicación previa aos afectados está moi lonxe de calquera política democrática e relaciona perigosamente o goberno municipal cos intereses privados especulativos de grupos de poder cobizosos dos fondos europeos Next Generation que deberían adicarse ao grupos sociais máis afectados pola crise da pandemia, máis cando eses fondos son empréstitos que o Estado terá que devolver e que recaerá, unha vez máis, na clase traballadora.LiGanDo, como organización decrecentista, non se posiciona en contra da enerxía eólica per se anque así non e por moitas razóns que paso a enumerar:1. As enerxías renovabeis na lóxica do sistema capitalista, están moi lonxe de ser sostibeis e sociais.Os megaproxectos -malia ser fragmentados- son sempre insostibeis por motivos ecosociais. Nun mundo pospetróleo cara o que transitamos, estes megaproxectos son dependentes do petróleo. Os materiais dos eólicos fabrícanse, transportanse einstalanse de xeito directo ou indirecto co uso do petróleo. Parte dos seus compoñentes son moi difíciles cando non imposibles de reciclar e moitos dos mesmos son extraidos e producidos en países que non teñen lexislación ambiental nin laboral protectora. Supoñen un saqueo neocolonial alí onde se asentan, que é sempre na periferia dos grandes centros de consumo enerxético, en zonas colonialmente empobrecidas e indefensas, maiormente no rural. Por tanto, potencian o transporte da enerxía extraída -coa perda e derroche que iso implica- da periferia ao centro cando son as grandes cidades as grandes consumidoras.2. Non estamos para malos investimentos en custosa tecnoloxía cuxo futuro a medio prazo xa é cuestionabel. Amais de destruír enormemente o territorio (en gran parte polos accesos ao transporte de semellantes pezas para os novos muíños de 200 m) xerarían unha débeda que habería que pagar con máis subas na xa inflada factura de electricidade, mentres se exporta a meirande parte da enerxía, como xa pasou coas aldeas sen luz á beira dos grandes encoros.3. A instalación de parques eólicos debería realizarse onde se produce e consume enerxía, sobre todo, en solo industrial e urbano porque iso é o máis sustentabel e xusto. Cada vez haberá menos disponibilidade de camións, excavadoras, guindastres...menos disponibilidade de materiais por verse limitada a súa extracción e transporte. A eólica ten de ser, pois, local e comunitaria para poder recibir o calificativo de sostibel.4. Das Renovabeis pódese tirar moita electricidade, pero no mellor dos escenarios, despois de anos dun desenvolvemento axeitado, poderíase obter delas unha cantidade igual ao 40% da enerxía total que se consume actualmente e non poderán sustituir por completo aos combustibeis fósis. Polo que promocionar a idea de que as renovabeis van suplir ao petróleo e ao carbón sen políticas de redución de consumos nin pór en marcha políticas Decrecentistas é unha fraude á cidadanía e ás vindeiras xeracións.5. Galiza é autosuficiente en enerxía eléctrica polo que é irracional e colonial calquera política enerxética de destrución do territorio para transportar (saqueo) a outros territorios que se libran destas nefastas externalidades.6. Non é de recibo que a administración faga inventario de Patrimonio ecolóxico, arqueolóxico… para logo agasallalo ao lobbie enerxético.EÓLICA TERRESTREPor todo isto, LiGanDo apoia totalmente as numerosas plataformas e colectivos que combaten os distintos parques eólicos que están instalados ou se están tramitando se previamente non se pon encima da mesa aspectos como reducción de consumos, respecto a o territorio, auto-producción local, …Un parque eólico implica desmontes, pistas de acceso, movementos de terras e todo esto afectan a territorios e poboacións que ven como se lles usurpa inxustamente un ben nantural e de garantía de futuro. Futuro incerto diante do imparable cambio climático que vai facer que o rural sofra mais sexa garantía de continuidade mentra o urbano sexa sinónimo de colapso.EÓLICA MARIÑAO extractivismo enerxético -propio dun modelo machista e obsoleto que prefire desenvolver enerxías renovabeis como solucións-milagres tecnolóxicas antes que alternativas científicas contra o cambio climático- non contento con arruinar o territorio galego vén tamén a polo mar.O impacto altamente negativo da Eólica mariña, tanto a ancorada como a flotante é tan evidente que mesmo é recoñecido polo Parlamento europeo e a propia Iberdrola.Alén de ser unha enerxía tecnoloxicamente pouco desenvolvida, co que isto supón de perigo potencial, hai que salientar o tremendo impacto ambiental e socioeconómico durante toda a súa vida útil.O cambio de política no Parlamento galego do PP e PSOE respecto ao veto de hai doce anos á posición actual a prol da eólica mariña amosa a alianza destas organizacións políticas cos intereses do capital transnacional no proceso de descarbonización. Mudanza que vai agudizar aínda máis o conflicto capital-vida.Galiza é a segunda Comunidade autónoma de España en produción de enerxía eólica polo que resulta abraiante e curtopracista sacrificar a biodiversidade única do litoral galego para exportar enerxía. Máis cando isto afundirá a un sector punteiro como é o pesqueiro-marisqueiro. Propoñer o desprazamento da pesca a zonas alternativas como propón Iberdrola -demarcando liñas políticas como se fora o goberno electo- indica ate que punto chega o colonialismo enerxético.Ao impacto económico súmase o impacto ambiental pois os proxectos San Brandán e San Cibrao, por exemplo, están próximos a un dos máis importantes corredores de aves de Europa co grave impacto ecolóxico sobre a avifauna.A isto hai que lle engadir o efecto negativo sobre a paisaxe e sobre o sector do turismo sostibel. O parque eólico mariño de San Brandán, de 490 MW, na costa Ártabra sería visibel desde un 68% dos miradoiros. E non debemos esquecer que abrangue a Rede Natura.O goberno municipal ten a obriga de protexer os intereses da economía resiliente do sector pesqueiro e marisqueiro así como das comunidades costeiras afectadas con miras á soberanía alimentar. Así como tamén ten o deber de velar pola conservación dos ecosistemas litorais e mariños. O Concello de miño non pode practicar unha políticamunicipal de silencio e de costas á cidadanía neste tema é ten que defender o ben común por riba dos intereses mercantilistas e curto prazistas dos lobbies enerxéticosDe conformidade co devandito, desde LiGanDo-LGDSOLICITAMOS:1. Que o goberno municipal informe a veciñanza de calquera infraestrutura (parque, poligonal, rede de saca, …) que poida afectar a calquera parte do concello de Miño de xeito directo ou indireto.2. Que o goberno municipal se posicione en contra de calquera megaproxecto eólico, terrestre ou mariño, fragmentado ou non que non obedeza ao interes do ben común, consumos de proximidade e producción comunitaria; defendendo á cidadanía e o territorio da especulación do lobbie enerxético.3. A creación e participación dunha empresa publica de Enerxía Renovabel onde se fomente e apoie o autoconsumo e o cooperativismo enerxético. Replantexamento do modelo enerxético cun programa municipal de reducción do consumo de enerxía, eficiencia e autonomía, tanto a nivel social como individual.4. Políticas de transición enerxética ecoxusta fronte á transición corporativa desenrolista que fomenten as cooperativas de enerxía, para facer fronte aos megaproxetos de cara a soberanía enerxética e a promoción de cambios estruturais e de xestión colectiva, con modelos de consumo saudabeis e cun aproveitamento descentralizado das fontes renovabeis, das que haberá que retomar tamén as súas aplicacións non eléctricas, que segundo os datos son moito máis eficientes.5. Campañas educativas para concienciar á cidadanía da necesidade de reducir os consumos; debido a un escenario de escaseza enerxética nun mundo posfosilista. Apoio ás actividades de educación ambiental así como as actividades educativas cara a resiliencia local.6. Políticas de posta en valor do rural con investimentos e apoio aos habitantes das parroquias que fomenten a autonomía local en canto a conservación do territorio, soberanía alimentar, rehabilitación, actividades de educación ambiental…7. Protección especial ao LIC Costa Ártabra e Rede Natura 2000.Miño, 5 de Setembro de 2021


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600