Gran festa do campo a través galego

Información
Localidades de Galicia | 08 Noviembre 2021 | 42 votos | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

campoatraves 8 11 2021Excelente Campionato de Campo a Través o vivido esta fin de semana nas Illas das Esculturas baixo a organización de Concello de Pontevedra, Sociedad Gimnástica e Federación Galega de Atletismo.

Baixo un día primaveral e nun circuito liso pero esixente, preto de 400 atletas xuntaríanse para desenvolver os seus distintos campionatos na modalidade de individuais (categorías Sub16 e Sub18) e de clubs no resto de categorías.

 

Precisamente na categoría Sub16, unha das atraccións do campionato Xela Martínez sumaba un novo título autonómico logo de impoñerse con superioridade ao resto de atletas confirmando o seu excelente arranque nesta tempada invernal. Por clubs a Atlética Lucense lograba o título sen dar opción ao resto de formacións de Comesaña e Mochila del Deporte, cun triplete no podio formado pola propia Xela e por Amparo Corredoira e Sara Guedes. En homes e na mesma categoría, emocionante chegada entre Ricardo Negrete do RIA Ferrol quen se impuxo tanto a Teo de Frutos do Lucus Caixa Rural como a Sergio Quintas de C.D. La Purísima. Por equipos Cedeira Muebles García facíase ca primeira posición seguidos de Atlética Lucense e de A.D Fogar

Na categoría Sub18 tanto Carolina Santos do Ría Ferrol como Pedro Vázquez do Real Club Celta proclamábanse campións galegos, estando acompañados nas medallas por  Marcela Morgado do Ourense At. e por Paula Cabaleiro do C.A.Tui. Na categoría masculina sería a prata e bronce para Antón Martínez da Atlética Lucense e para Mateo Rodríguez do Real Club Celta, cuxo club sería precisamente o vencedor na categoría masculina. Por equipos femeninos Sub18 o título foi para conxunto do Ourense Atletismo

Xa no resto de probas nas que se decidía a clasificación tan só por equipos, importante xornada a que protagonizou o ADAS Proinor na categoría absoluta con triunfos dos seus dous conxuntos liderados tanto por Esther Rodríguez (2ª na xeral) como por Iván Roade (3º). Non menos importante serían as segundas posicións do Ourense Atletismo en ambas categorías quenes compartirían podio co SD Compostela Atletismo na masculina e o Pinarium na femenina.

No resto, dobre triunfo para o C.A. Santiago nas dúas categorías Sub23 con triunfos individuais para os seus atletas Mariam Ferram e Roberto Trigo. Na Sub20 masculina, novo triunfo do Ourense Atletismo seguido polo Real Club Celta e pola S.D Compostela, nunha carreira que era domiñaba polo atleta do Celta Hugo Vázquez.

Para rematar o Relevo mixto daba o triunfo ao Lucus Caixa Rural Galega cuxos integrantes, Lucía Varela, Xabier Rodríguez, Laura Santos e Esteban Iglesias, adicaban o título de maneira moi emotiva ao recentemente desaparecido Mariano Castiñeira. Sen abandoar a provincia lucense o segundo lugar foi parar ao Atletismo Friol,  correspondendo a o terceiro posto ao club organizador, Sociedad Gimnástica de Pontevedra.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600