O BNG eleva ao parlamento galego a falta de servizos e infraestruturas básicas de Paderne de Allariz

Información
Ourense 14 Marzo 2021 4998 votos

La falta de higine política inunda la Presidencia de la Xunta de Galicia  bajo la INDIFERENCIA de Feijóo. AMTEGA, RETEGAL, Secretaría de Medios, TDT  es solo la punta del ICEBERG. - XornalO deputado Iago Tabarés demanda solventar a fenda dixital; a inmediata apertura do centro de saúde, da escola infantil “Galiña Azul”; a mellora do sistema de saneamento e a contaminación por vertidos pola deficiencia deste.

Paderne de Allariz, 13 de marzo de 2021. O deputado do BNG, IagoTabarés, presentou no Parlamento de Galiza unha Proposición Non de Lei, ante as notorias deficiencias do concello de Paderne de Allariz. “A moitas veces anunciada “lexislatura do rural” non se deixou ver no concello de Paderne de Allariz que, malia a súa proximidade con importantes nós industriais e da propia cidade de Ourense, non dispón de servizos e infraestruturas básicas que impidan unha constante despoboación e perda de calidade de vida para as persoas que seguen habitando no concello.” Declara o Tabarés.

 

Non é moi aventurado colixir, indica o deputado nacionalista, que a perda de poboación no concello, un 5% superior ao do conxunto da provincia, e o aumento do desemprego, un 50% superior ao conxunto de Galiza, é proporcional ao deterioro dos servizos públicos e ausencia de instrumentos básicos para unha calidade de vida merecente de tal consideración.

Tal como puxo de manifesto o BNG de Paderne en diversas ocasións, só hai dous núcleos con cobertura de internet e varios núcleos carecen de cobertura móbil e resulta significativo que o despregamento da banda ampla no concello aínda non chegase a servizos tan elementais como a propia sede da Entidade Local ou ao novo Centro de saúde ou a escola infantil, aínda pendentes de entrada en funcionamento. Analiza Iago Tabarés que ante esta situación “calquera persoa que pretendese instalarse en Paderne de Allariz debería renunciar a posibilidades laborais como o teletraballo, algo determinante se o que pretendera fose instalar unha empresa ou exercer unha actividade profesional ou mercantil por conta propia, como tamén implicaría a renuncia á realización telemática de actividades académicas.”

Sen esquecer os problemas co saneamento, toda vez que consta a falta de mantemento de, por exemplo, a fosa séptica da localidade de Noboeiro co risco que implica para a saúde pública.

Ante esta situación o deputado nacionalista presenta unha serie de demandas ante o Parlamento galego para instar á Xunta de Galiza a proceder ao despregamento de fibra óptica na totalidade dos núcleos do concello de Paderne de Allariz, pondo a disposición da poboación e das institucións, públicas e privadas, o servizo de internet e telefonía móbil. Insta á xunta de Galiza a inmediata posta en servizo do novo centro de saúde e a escola infantil, “Galiña Azul” de Paderne de Allariz, así como analizar a comenencia educativa e social da reapertura da escola infantil de Solveira. E tamén demánda a mellora do sistema de saneamento do concello de Paderne, en particular da fosa séptica de Neboeiro, así como a posible contaminación producida por verquidos procedentes da mesma que provocou a presentación de denuncia.

También le puede interesar ; lineaazul 1600