O Rosal homenaxea aos irmáns Flores

Información
Pontevedra | 09 Agosto 2021 | 133 votos | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Irmáns-Flores-1 - Noticias O RosalA Praza do Calvario acolleu o domingo un concerto homenaxe a dous músicos emblemáticos de O Rosal, José e Emilio Flores Costas, os Irmáns Flores. O espectáculo comezou ás 21.00 horas con entrada balde completando o foro.
Xistra e convidados encargáronse de interpretar as creacións musicais dos irmán Flores, dúas persoas que interviñeron moi activamente na formación persoal de moitas e moitos veciños, algúns dos cales hoxe en día dedícanse profesionalmente á música. Participaron e crearon colectivos que abranguen calquera manifestación de música popular galega. Soamente cunha gaita divertiron e ensinaron a todo un pobo.


Este concerto é unha actividade máis para valorizar o legado dos irmáns. O pasado mes de xuño o Concello de O Rosal acolleu a presentación do libro “O Legado dos Irmáns Flores”, de Xerardo F. Santomé e Xosé Miguélez, grandes admiradores destes dous destacados rosaleiros. Neste traballo de 220 páxinas e acompañado dun CD hai partituras do repertorio dos Flores, entre as que destacan as compostas por José; diversas gravacións de audio e diferentes ligazóns a vídeos dos dous protagonistas cun alto valor documental e histórico.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600