PAULA OTERO NA COPA LEN DE AUGAS ABERTAS

Información
Portada | 24 Septiembre 2021 | 33 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

20210924 CNA paula oteroA nadadora do Club Natación Arteixo, Paula Otero Fernández, está en Barcelona para participar como parte do Equipo Nacional de Augas Abertas, na 3ª etapa da Copa LEN. Nadará a distancia de 10K. A proba terá lugar no Porto de Barcelona o sábado día 25. A nadadora do Club Natación Arteixo, Paula Otero Fernández, está en Barcelona para participar como parte do Equipo Nacional de Augas Abertas, na 3ª etapa da Copa LEN. Nadará a distancia de 10K. A proba terá lugar no Porto de Barcelona o sábado día 25. A Paula, unha das nadadoras galegas con mellor progresión, espéralle unha etapa de cambios, xa que abandona a categoría Junior e pasa a ser Absoluta Moza. Esta tempada, gracias ós resultados obtidos nas competicións máis importantes da tempada anterior, formará parte do Equipo ENA (Equipo Nacional Absoluto) de Natación. Como integrante deste equipo, participará en outubro nunha concentración en Tenerife e a principios de novembro no Campionato de Europa en piscina de 25 metros, que terá lugar en Kazán, Rusia.Ademáis, Paula forma parte do grupo de deportistas galardoados pola RFEN coas Medallas Extraordinarias ó Mérito Deportivo. Recibirá medalla polos Bronces obtidos nos Campionatos de Europa de Natación en Roma, e o de Augas Abertas en París. En Roma foi bronce na proba de 1500 libre e en París, bronce na remuda de 5K mixta. A ceremonia do acto de entrega de recompensas terá lugar en streaming, a través da web da RFEN, o venres 1 de outubro ás 18.00.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600