Hai que estender as bastonadas para blindar as pensións na Constitución

Información
Portada | 12 Octubre 2021 | 11 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

foto.11de.octubreTrala aprobación dos orzamentos no Consello de Ministros, soubemos que as pensións subirán un 2% e un 3% as mínimas para o 2022. Toda subida, toda mellora, cada euro que reciban os pensionistas é ben recibido, e máis na difícil situación na que estamos.

 

Pero tamén coñecemos outras decisións en términos fiscais, así como outras medidas que van determinar o futuro das pensións, e hai moi diferentes posicións entre as organizacións que compoñemos a plataforma.

A Mesa Estatal pola Blindaxe das Pensións (MERP) sempre apoiaremos, tanto as melloras, como as diferentes loitas de quen queren mellorar o Sistema Público de Pensións, e por iso esiximos a Blindaxe das Pensións na Constitución. O fin de semana pasado apoiamos a movilización de Outono Quente en defensa das pensións, e hoxe chamamos a apoiar a manifestación que se celebra o vindeiro sábado, 16 de Outubro, convocada pola COESPE, ás 12h no Congreso.

O movemento en defensa do Sistema Público de Pensións é amplo e plural, e ten diversos enfoques, con distintos obxectivos, pero un único fin, loitar por unhas pensións públicas dignas. Todos eles forman parte da riqueza de sensibilidades que forman a nosa sociedade, como a que constitúe as distintas identidades dos centos de organizacións que formamos a MERP.

Iso si. Nunha cuestión estamos unidas todas: o rexeitamento á privatización das pensións e a perda de poder adquisitivo. Este é ademais, un sentir da inmensa maioría da sociedade, como puidemos comprobar en numerosas ocasións.

Por iso a Mesa Estatal pola Blindaxe das Pensións temos a blindaxe constitucional das pensións como o noso obxectivo unitario, por encima de calquera ideoloxía, credo e siglas.

Como cada luns desde fai un mes, as organizacións da MERP estamos hoxe 11 de outubro no MARCO, na Rúa do Principe, en Vigo, co noso particular grito de unidade, unha “bastonada” que simboliza que as pensións son a principal fonte de xustiza, solidariedade e cohesión social.

Con decenas de bastóns, quen asistimos á concentración chamamos á unidade pola blindaxe constitucional das pensións golpeando o chan e facéndoos resoar con redoble. A MERP ten como símbolo da súa reivindicación un candado, co que representamos a protección máis alta que pode recibir un dereito na nosa lexislación. Pero os bastóns son xa un elemento de respecto cara a quen representan o máis valioso da nosa sociedade, un esforzo individual e colectivo, tanto a solidariedade como toda unha vida de traballo que debe ser recompensada con tranquilidade, estabilidade e benestar.

Apoiamos todo o que mellore e defenda as pensións públicas, apoiamos todo movemento que loite por defendelas e melloralas, e traballamos porque estas bastonadas sexan un símbolo de unidade pola blindaxe constitucional das pensións. Por iso chamamos ás organizacións e á cidadanía, desde calquera punto do país, a unirse ás concentracións para que os bastóns se escoiten en todos os recunchos do país.

Hoxe, como cada luns, pola blindaxe constitucional das pensións: ¡Ás prazas!


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600