Mohamed, adestrador do RC Celta para as dúas próximas tempadas

Información
Portada 24 Mayo 2018 8939 votos

Antonio MohamedO RC Celta abre unha ilusionante etapa no aspecto deportivo coa contratación dun técnico cunha longa e exitosa experiencia en Arxentina e México e unha proposta futbolística que encaixa á perfección na filosofía do club.

Antonio Mohamed será adestrador celeste as dúas próximas tempadas, o que garante bo fútbol e ambición no equipo vigués.

Antonio Mohamed (Buenos Aires, 2 de abril de 1970) chega avalado por unha longa experiencia en equipos de diferente condición e un bo número de títulos no seu currículo, un total de cinco, ademais de dous subcampionatos e un ascenso de categoría. Comezou a súa traxectoria como adestrador no ano 2003 e desde entón gañou unha Copa Sudamericana, co Independiente de Avellaneda en 2010, dúas Ligas mexicanas con Tijuana e América e a Copa de México co Monterrey, equipo ao que dirixiu as tres últimas tempadas.

O técnico celeste gozou ademais dunha extensa e fructífera carreira como xogador, en especial en México, onde xogou en diferentes equipos durante dez tempadas. Entre os seus logros figura a Copa América coa selección arxentina no ano 1991.

Antonio Mohamed regresou a Arxentina nas últimas horas e será presentado durante as próximas semanas

También le puede interesar ; lineaazul 1600