O CONSELLEIRO DE SANIDADE CONSIDERA “DECEPCIONANTE” O REPARTO DE VACINAS POR PARTE DO GOBERNO CENTRAL, QUE SUPORÁ RALENTIZAR A INMUNIZACIÓN DA POBOACIÓN GALEGA

Información
Xunta de Galicia | 09 Agosto 2021 | 99 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image
  • La OMS asegura 2000 millones de vacunas contra el COVID-19 para el  mecanismo COVAX: “se avista el final de la pandemia” - OPS/OMS |  Organización Panamericana de la SaludJulio García Comesaña anuncia que, polo de agora, non se poderán abrir máis ocos para autocitas

  • Sobre a reducción da metade das doses previstas de Moderna, o conselleiro subliña que se reprograman as primeiras doses para poder garantir as segundas a quen xa lle corresponden

     

  • Lamenta que Galicia terá que ralentizar o ritmo de vacinación

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2021.- O conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña, amosouse hoxe decepcionado ao constatarse que a nosa Comunidade Autónoma non vai recibir nin unha soa das 3,4 millóns de doses extra anunciadas a semana pasada polo presidente do Goberno.

Tal e como sinalou o máximo responsable sanitario da Xunta, Galicia é unha das comunidades que máis e mellor leva vacinado. Así, foi quen poñer todas as vacinas que foron chegando, xa que compre recordar, -remarcou García Comesaña-, que son as comunidades autónomas as que organizan toda a campaña e as que poñen as vacinas.

A nosa comunidade sempre estivo nos primeiros lugares tanto en doses administradas respecto ás recibidas, e no número de vacinas postas en poboación maior dunha certa idade. Neste senso, na actualidade, Galicia é das primeiras comunidades en poboación maior de 40 anos coa pauta completa. É dicir, ten uns niveis de vacinación francamente bos, -destacou García Comesaña-. Estes niveis, son froito do traballo do grupo de profesionais que fan este proceso, así como da poboación que acode de xeito masivo ás convocatorias, -remarcou o responsable da Consellería de Sanidade-.

Neste contexto, e cando España recibe unhas doses extras por esa eficiencia, sendo Galicia unha das comunidades que máis está a contribuír a ese logro, descubrimos tarde e mal, -dixo o conselleiro-, que Galicia non recibirá ningunha desas 3,4 millóns de doses anunciadas por Pedro Sánchez a semana pasada.

Reprogramación

Galicia terá, este mes de agosto, menos doses das que tivo en xuño e en xullo, “o que non é de recibo”. As consecuencias son evidentes, porque ademais da mala noticia de que Galicia non recibirá nada desta partida “extra”, hai que salientar que, nesta semana e a seguinte, o envío de viais de Moderna se reduce un 50%, o que significa que,

non podemos administrar esas primeiras doses, posto que debemos garantir as segundas, que xa corresponden por tempo”. “A estas persoas se lles administrará Pzifer, grazas á reserva estratéxica que fai a nosa Comunidade”.

Polo demais, “estivemos a traballar para poder manter o resto das citas da semana que vén, o que non poderemos é facer o envío previsto dun número importante de SMS para novas citas, nin tampouco, polo momento, abrir mais ocos para autocitas”


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600