PSdeG REIVINDICA OS 828 MILLÓNS DE EUROS DO FONDO COVID: “O GOBERNO DO ESTADO ESTÁ CUMPRINDO CON GALICIA COMO NON CUMPRIU NINGÚN GOBERNO DO PP”

Información
Xunta de Galicia | 09 Agosto 2021 | 85 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

cid ii ks09b8611Pablo Arangüena sinala que “os feitos desmontan e desmenten ao señor Feijóo”, xa que Galicia “é a quinta comunidade do estado que máis fondos recibe” do Fondo Covid “moi por riba do seu peso poboacional”

 

A Coruña, 6 de agosto de 2021. O vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, vén de reivindicar os 828 millóns de euros do Fondo Covid que achegará a Galicia o goberno do Estado. Estes feitos, incidiu “desmontan e desmenten ao señor Feijóo”, xa que Galicia é a quinta comunidade autónoma que máis fondos recibe “moi por riba do seu peso poboacional”.

O goberno do Estado está cumprindo con Galicia como non cumpriu ningún goberno do PP”, sinalou o vicesecretario xeral do PSdeG logo de incidir en que “máis alá das palabras están os feitos” como as rebaixas da AP-9, “un feito histórico para Galicia que se cuantifica en 2.300 millóns de euros” anuais ata 2048.

Así, o vicesecretario xeral criticou a “cortiña de fume marca do señor Feijóo” que “está creando e inventando un debate ficticio para tapar os problemas de Galicia” e, particularmente os da sanidade pública galega, que “son reais”.

Nesta liña, lamentou que esteamos “á cola do estado” en rastrexo covid, o peche de 600 camas na sanidade pública ou a situación dunha atención primaria “desbordada”, cuestión que ata “recoñece o conselleiro no Parlamento”.

ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA

Outra mostra “da falla de compromiso e do escapismo” de Xunta e PP, censurou, “é que o conselleiro de Cultura veu a Coruña a tomarlle o pelo á cidadanía” cando “di que vai financiar a Orquestra Sinfónica de Galicia con 3,5 millóns de euros, o cal é falso”. “A Xunta segue incumprindo o convenio asinado en 2004, que establecía que, como mínimo, aportaría 3 millóns de euros”.

Neste senso, o vicevoceiro asegurou que o goberno galego ten unha débeda “de máis de 5 millóns de euros dos importes que se deixaron de pagar cando o señor Feijóo chegou á Xunta”. “É inaudito que unha administración pública incumpra un convenio asinado”, criticou.

PORTO EXTERIOR

Doutra banda, Arangüena lamentou a situación que está a vivir o porto exterior, no que se investiron 1.000 millóns de euros, “pero que non ten tráficos”, cuestión que “depende da Autoridade Portuaria, que ten un presidente e un consello de administración elixidos pola Xunta”.

O presidente da Autoridade Portuaria ten que deixar de xogar co Powerpoint e de dicir que ten un proxecto que se chama Green Port para dicirnos como vai pagar o Porto da Coruña a débeda que ten co Banco Europeo de Inversións a partir de 2026 cando practicamente non ten beneficios e os tráficos están baixo mínimos”, sentenciou.

COMPROMISO DO GOBERNO DE ESPAÑA CON A CORUÑA

Noutro orde de cousas, Arangüena aplaudiu o “compromiso” do goberno de España coa cidade nunha lexislatura “que está sendo moi positiva para A Coruña en termos de compromisos de inversión”.

Sobran exemplos”, subliñou, antes de enunciar “un conxunto de feitos que demostran que hai unha aposta do socialismo pola Coruña, sen contrapartida por parte da Xunta”, como a ampliación da Ponte da Paisaxe, a adxudicación da pasarela de Pedralonga, a reforma de Alfonso Molina ou o proceso de rexeneración da Ría do Burgo “na que a Xunta puxo cero euros”.

Ademais, destacou, “está encarrilado” o ferrocarril ao porto exterior, a intermodal ou a cidade das TIC, un proxecto que “vai servir para impulsar unha economía de alto valor engadido” e que “está impulsado pola universidade da Coruña co aval do goberno progresista de España”.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600