GONZALO CABALLERO URXE Á XUNTA QUE OFREZA UN SERVIZO DE ATENCIÓN PRIMARIA DE CALIDADE NA COSTA DA MORTE: "O QUE OCORRE COAS LISTAS DE ESPERA NOS CENTROS DE SAÚDE NON É DE RECIBO"

Información
Xunta de Galicia | 09 Agosto 2021 | 105 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

cid ii krz75r5p1O secretario xeral do PSdeG visita a lonxa de Malpica xunto a alcalde, Walter Pardo, e insta ao goberno galego a arranxar o porto e a cimentación da entrada á vila

O dirixente socialista visita Camariñas xunto a súa alcaldesa, Sandra Ínsua, e reclama "investimentos, servizos públicos e transporte de calidade”

 

Costa da Morte, 5 de agosto de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe Malpica en compañia do alcalde, Walter Pardo, e do vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena.

Dende alí, o máximo dirixente das e dos socialistas galegos lamentou a "saturación" que está vivindo a sanidade pública e, particularmente, a Atención Primaria cando "non hai persoal suficiente" e "non se cobren vacacións nin baixas".

No caso de Malpica, censurou, "o centro de saúde quedou sen pediatra como cada verán", o cal supón un "enorme prexuízo" para as familias do municipio. "O servizo dos centros de saúde non está ao cen por cen en todo o ano, xa que se reduciu o número de médicos residentes a tempo completo", censurou.

"O que ocorre coa sanidade pública non é de recibo para a Galicia do século XXI", subliñou, "e máis cando hai fondos anticovid que o goberno de España remite a Galicia para mellorar os servizos públicos".

Al fío disto, o secretario xeral lembrou que o goberno galego disporá, nos vindeiros meses, de 828 millóns de euros procedentes do Fondo Covid que achegará o goberno de España, o que converte a Galicia na "quinta comunidade autónoma que máis diñeiro recibe".

"Non é por falla de cartos", polo que a Xunta "debe aproveitar estes fondos extraordinarios para fortalecer os servizos públicos, empezando pola sanidade, a educación ou os servizos sociais".

INFRAESTRUTURAS "DESFEITAS"

Noutra orde de cousas, o lider do PSdeG pediu ao goberno galego que arranxe o porto pesqueiro de Malpica, xa que "está desfeito" e isto ocorre "nunha vila que vive plenamenre do mar". "A vida de Malpica está no porto e a veciñanza precisa un mantemento digno", sentenciou.

Ademais, Gonzalo Caballero instou a Xunta a que mellore a cimentación da entrada da estrada AC-418, "unha obra que se rematou hai menos dun ano e cuxo resultado evidencia problemas".

HOMOLOGACIÓN DO CAMIÑO DOS FAROS

Doutra banda, o secretario xeral reiterou o compromiso do PSdeG coa homologación do Camiño dos Faros. "A Xunta ten que aliarse coa Costa da Morte e Bergantiños e esta ruta turística é fundamental para o seu desenvolvemento turístico, económico e cultural".

Deste xeito, Gonzalo Caballero respaldou as demandas do alcalde, a quen lle recoñeceu e agradeceu o seu compromiso e o "bo traballo" ao servizo da veciñanza en tempos de pandemia.

CAMARIÑAS

Despois da visita a Malpica e continuando a ruta pola Costa da Morte, o líder do PSdeG acudiu a Camariñas, onde estivo acompañado da súa alcaldesa, Sandra Ínsua, avaliando as necesidades da vila.

Dende alí, Gonzalo Caballero chamou á Xunta a "facer investimentos, mellorar os servizos públicos e tamén a dispor dun transporte público de calidade". "Estamos comprometidos coa Costa da Morte e con Camariñas", concluíu.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600